Ailá, Xurxo Fernandes, e Xosé Lois Romero e Aliboria actuarán na Foliada de Melide

La Voz MELIDE

MELIDE

BASILIO BELLO

a última fin de semana de abril alcanzará a súa décimo sétima edición

23 mar 2024 . Actualizado a las 04:50 h.

A Foliada de Melide, que a última fin de semana de abril alcanzará a súa décimo sétima edición, xa ten cabezas de cartel para o seu programa festivo. Son Ailá, que pechará cun concerto a xornada inaugural do día 27, e Xurxo Fernandes, e Xosé Lois Romero e Aliboria, quen subirán ao escenario o día 28 para despedir o encontro que reúne, na localidade melidá, a músicos e afeccionados ao folclore galego de toda a comunidade e doutras rexións que, como o País Vasco, reúnen a colectividade emigrante.

Os cantos de taberna, pola mañá, e a marcha gaiteira e posterior serán, xa durante a tarde, os principais reclamos durante a primeira das xornadas da Foliada, que, durante toda a fin de semana, acollerá unha mostra de artesanía, con presenza, sobre todo, de instrumentos musicais e traxes rexionais galegos. Animación de rúa con xigantes e cabezudos, acompañados dos Treboeiros de Muimenta, e obradoiros de baile con Miguel Sotelo, completan a programación do sábado de Foliada. O programa do domingo, ademais dos concertos de clausura, contará cunha sesión vermú con Pärbo, e a actuación para o público infantil de Pesdelán. A animación desa xornada de peche correrá a cargo da banda gaiteira Arume de Malvas.