O Proxecto Antonio Fraguas premia a investigación dos escolares galegos sobre o patrimonio

La Voz

SANTIAGO

c

Conta con dúas categorías e está dotada cada unha con 7.000 euros

03 abr 2024 . Actualizado a las 04:55 h.

A decimo terceira edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas galardoará as pescudas sobre o patrimonio etnográfico, antropolóxico, lingüístico, xeográfico, histórico e artístico nos centros escolares galegos. A iniciativa inclúe dúas modalidades de participación: ensino primario e secundario, que están dotadas con cadanseus 7.000 euros destinados a materializar os proxectos gañadores durante o vindeiro curso escolar 2024-25 en colaboración co Museo do Pobo Galego. O prazo para presentarse está aberto ata o 1 de xuño.

Esta nova edición da iniciativa impulsada pola Fundación Antonio Fraguas Fraguas e a Xunta de Galicia foi presentada onte. O obxectivo é «achegar á comunidade escolar ao medio e á cultura galegas», resaltou Concha Losada, presidenta da Fundación Fraguas. Tanto ela como o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, animaron o profesorado e a rapazada a participar.