Santiago chama a cantar xuntos o «Grândola, Vila Morena» o día 25

La Voz

SANTIAGO

Homenaxe a Zeca Afonso no Burgo das Nacións no ano 2021
Homenaxe a Zeca Afonso no Burgo das Nacións no ano 2021 XOAN A. SOLER

O acto conmemora o 50 aniversario da Revolução dos Cravos no lugar onde Zeca Afonso cantou por primeira vez a canción

27 mar 2024 . Actualizado a las 04:55 h.

Día 25 • 18.30 horas • Praza da Música en Compostela (á entrada do Auditorio de Galicia) • O 10 de maio de 1972, no Burgo das Nacións, Zeca Afonso cantou por primeira vez «Grândola, Vila Morena», que se acabaría convertendo nun dos símbolos da Revolução dos Cravos, nun acto promovido polo alumnado da Universidade de Santiago. Agora, que se cumpren 50 anos do movemento que puxo fin á ditadura salazarista, o Auditorio de Galicia fai un chamamento á cidadanía para participar no acto colectivo da peza e render así unha homenaxe á sociedade portuguesa e ao papel da música na loita fronte ás opresións.

A acción desenvolverase o 25 de abril. Os que queiran sumarse deben inscribirse nun formulario habilitado na páxina web de Compostela Cultura antes do 21 de abril. A intención deste rexistro é coñecer con antelación o número de persoas participantes. As formacións vocais ou musicais interesadas en formar parte deste acotpoden facer unha única inscrición grupal indicando o número de asistentes.