Serxio Otero: «Gusta lembrar que nos anos 50 este bar do Franco o levaban catro mulleres»

Olalla Sánchez Pintos
Olalla Sánchez SANTIAGO

SANTIAGO

Xoan Soler

El santiagués, tras impartir clase en la Universidad de Manchester, tomó el relevo al frente del Barbantes, el restaurante, ubicado a 50 metros de la Catedral, que su familia fundó en 1949. «Aquí viviron moitos estudantes cando aínda era pensión, como Areces, o expresidente de Asturias», recuerda

24 mar 2024 . Actualizado a las 14:20 h.

En este 2024 el compostelano Serxio Otero afronta una doble celebración. «Cumpro 50 anos e o restaurante familiar, o Barbantes, 75», resalta con orgullo desde un establecimiento, ubicado en el número 3 de la rúa do Franco, que, tras una intensa reforma, reabrió temporada esta semana. «Para min era importante que, a pesar das obras, o local non perdese a súa esencia. Esta é a miña casa. Eu crieime xogando na inmediata praza de Fonseca e comendo aquí entre estudantes. En Santiago coñécenme como Serxio, o do Barbantes, ou coma o do sombreiro.... Lévoo dende mozo por esas veleidades bohemias que moitos tivemos», evoca risueño.

«Este restaurante colleuno a miña familia materna en 1949. Chámase Barbantes porque eles eran desa aldea de Punxín, en Ourense. Fundouno a miña tía xunto ao seu marido, quen faleceu ao pouco tempo. Viñeron entón a axudarlle tres irmás, entre elas, miña nai. Gusta lembrar que nos 50 o bar o levasen catro mulleres. Quíxeno reflectir nun cadro», apunta señalando una obra de Leandro Lamas que recoge el trabajo familiar en un local que ya tenía 80 metros cuadrados.

XOÁN A. SOLER

«Algo curioso é que, a pesar do seu tamaño, no inicio tiña un comedor privado. Neses anos comer fóra era visto como non ter posibles... Como mudaron as tornas!», reflexiona, rescatando más anécdotas. «Nesas décadas de efervescencia universitaria isto era tamén pensión. Aquí viviron moitos estudantes. A miña familia lembra que se algún que tiña compromiso político faltaba a comer, xa temía que podería estar no calabozo. Moitos bocadillos téñenlles levado ata alí. No ano 2000 o xa falecido Vicente Álvarez Areces, expresidente do Principado da Asturias, que fora un dos líderes das mobilizacións de 1968 e que durmía nesta pensión, volveu ao Barbantes para dar as grazas por eses bocadillos», revela.

Sin descanso, avanza en el tiempo. «Nos 80, o primeiro Parlamento de Galicia estivo no pazo de Fonseca, fronte ao bar. Eu era neno, pero chamábame a atención ver aos políticos discutir na tele e logo confraternizar no local. Isto era case un segundo foro parlamentario», defiende. «Tamén diante tiñamos a Biblioteca Xeral, un dos meus santuarios», continúa, saltando a su propia trayectoria. «Eu estudei Filoloxía Hispánica. Tras un Erasmus en Manchester, volvín e cursei Filoloxía Galego-portuguesa. No doutoramento, con 25 anos, chamáronme da universidade desa cidade inglesa para impartir lingua e literatura española. Foron sete anos de gran aprendizaxe. Estando alí coñecín ao medievalista británico David Mackenzie, o primeiro catedrático de estudos galegos do Reino Unido e un namorado de Santiago. Cando lle contei que me criara no Barbantes, díxome que tomara aquí, con 16 anos, o seu primeiro gin-tonic», prosigue riendo. «No 2007 volvín e, tras un ano como xefe de organización do DOG, axudei aquí á miña nai. O local, trala caída de estudantes, xa só funcionaba como bar e restaurante. Nos últimos anos ela levárao co meu tío Félix e logo soa, axudada polo meu pai. Eu non tiña tanta vocación hostaleira, pero nacín hostaleiro, tíñao interiorizado», razona, aclarando que desde el 2014 gestiona en solitario un establecimiento que refleja cómo evolucionó la ciudad.

XOAN A. SOLER

«Antes aquí viñan veciños de taceo. Iso perdeuse, pero conservamos a clientes de toda a vida», subraya agradecido, comentando que un reto es darse a conocer más entre los jóvenes. «Para moitos, e a pesar da numeración, O Franco empeza en Porta Faxeira», afirma sonriendo. Ya fuera, desde una terraza situada a 50 metros de la Catedral, admite la impronta del turismo. «Temos moita demanda de visitantes, algo que valoro ao non enfocarnos só a eles. Fomos dos primeiros en ofrecer combinados de marisco, pero hoxe apostamos por comida tradicional, que os peregrinos aprecian. É importante conservar o noso; transmitir, de forma modesta, o patrimonio, como cun vinilo na nosa fiestra que amosa as uvas galegas. Vexo que os guías se paran e as explican», acentúa con satisfacción, también por la acogida del local. «O arzobispo de Canterbury comeu aquí de incógnito», continúa.

Sobre este año, no duda. «É de celebrar que, 75 anos despois, sigamos. Gustaríame organizar algo literario», avanza.