Profundan nos lazos entre Santiago e a literatura

La Voz SANTIAGO

SANTIAGO

CEDIDA

A través de tres obras: «Trece badaladas», de Suso de Toro; «Doentes», de Roberto Vidal Bolaño; e «Seis poemas Galegos», de Federico García Lorca

22 sep 2023 . Actualizado a las 04:50 h.

As xornadas «Palabra e imaxe ou xeitos de narrar Compostela», que se desenvolverán entre o 29 de setembro e o 1 de outubro profundarán nos lazos entre a literatura e a capital galega a través de tres obras: «Trece badaladas», de Suso de Toro; «Doentes», de Roberto Vidal Bolaño; e «Seis poemas galegos», de Federico García Lorca. Serán 16 actividades entre as que se inclúen concertos, rutas, conferencias e un obradoiro teatral. As propostas, organizadas polo estudante da USC Daniel Chapela, son de balde pero algunhas precisan inscrición, caso dos obradoiros e as rutas.