José Freixanes e Iván Prieto inauguran hoxe exposicións en Santiago

La Voz

SANTIAGO

As mostras poderán verse en Trinta e na Fundación Granell

16 feb 2023 . Actualizado a las 04:55 h.

José Freixanes inaugura esta noite na galería Trinta (20.00 horas) a exposición «Fíos», nas que crea a partir de telas. Ademais, tamén se presentará o libro «Bueno Carallo Bueno», un poemario con textos de Alberto Avendaño e imaxes de José Freixanes que establece un diálogo artístico, lúdico e sentimental coa exposición.

Pola súa banda, Iván Prieto inaugurará na Fundación Granell (19.00 horas) a mostra «Insania»», que aborda a figura humana.