«Non nos plantexamos ningún recorte máis»

La Voz

SANTIAGO

23 nov 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

O orzamento do 2015 incorpora un plan de función pública para recuperar en tres anos a totalidade das contías rebaixadas no capítulo de persoal co mesmo importe que tiña no 2011 ((531.406 euros ata o 2017) e reactiva a oferta pública de emprego que levaba paralizada dende o 2010, dotando unha partida para a promoción interna de 26 prazas.

-¿Haberá máis recortes?

-Non. Trátase dun orzamento expansivo en gasto, o de maior nivel de gasto do mandato. Neste momento as Administracións tamén teñen que pór un grao de area para tres políticas, a disciplina orzamentaria, o aumento do gasto social e facer un esforzo polos investimentos e planificación da cidade. Eses tres eixos cremos que se poden acometer e non nos plantexamos ningún recorte máis.

-¿En que medida entenden que este orzamento satisfará as demandas do persoal?

-Houbo xa unha mesa de negociación e creo que algúns sindicatos entenderon que a nova proposta do goberno é camiñar na profesionalización da función pública, e non votaron en contra, outros si. Pero a oferta de 26 prazas de promoción interna, máis as que poida permitir a reposición de efectivos unha vez que se aprobe a lei de orzamentos do Estado para camiñar na reposición nos colectivos da policía e os bombeiros, é unha mensaxe que creo que entenderon. Estamos a pór toda a vontade para que se poida realizar ese plan da función pública. O 3 de decembro haberá outra reunión e estamos dispostos a ter todas as que sexan necesarias porque entendemos que vai en beneficio da función pública.