«Temos un proxecto plural e integrador»

La Voz

SANTIAGO CIUDAD

20 abr 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Presentamos unha candidatura plural e integradora das distintas sensibilidades da Universidade. O equipo está moi preparado, é fiable e confiable. O meu goberno será pequeno en número para mellorar a coordinación e para aforrar custes, e queremos ser moi profesionais na xestión. A situación é difícil, pero hai solucións. Sairemos adiante e imos ter un futuro prometedor.

o día despois

No goberno ou na oposición.

A situación de bloqueo dos últimos anos nos órganos de goberno da USC proxectou unha imaxe moi negativa. Hai que buscar solucións, e só hai unha receita: diálogo e procura de puntos de encontro. Non quere dicir que haxa que estar sempre de acordo, pódese discrepar, pero hai formas de facelo para atopar solucións.