O CPR Sagrado Corazón de Placeres, a semifinais do concurso Ecopreguntoiro

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

Ramón Leiro

Ecovoz | Os pontevedreses venceron aos alumnos do CPR Plurilingüe La Merced, de Sarria

22 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Con Sara Barreiro Pazos como voceira, o equipo formado por Mateo Losada Veiga, Adrián Castro Portela, Alba Ruiz Fernández e Martín Carballo Ferral clasificou ao CPR Sagrado Corazón de Placeres (Pontevedra) ás semifinais do Ecopreguntoiro. Os pontevedreses venceron aos alumnos do CPR Plurilingüe La Merced, de Sarria (8-5), aproveitando dous rebotes a preguntas que os lucenses non responderon correctamente. Así, unha das semifinais xa está conformada, entre os pontevedreses e os ourensáns do CEIP A Ponte. O vindeiro venres, mediranse o CEIP Padre Crespo, de Xunqueira da Ambía (Ourense), e o CPR Plurilingüe La Encarnación, de Caldas de Reis.