José Souto, exconcelleiro do BNG de Marín: «Retireime porque no partido non me sentía cómodo»

Marcos Gago Otero
marcos gago MARÍN / LA VOZ

MARÍN · Exclusivo suscriptores

José Souto, que deixou a súa acta como concelleiro do BNG en Marín
José Souto, que deixou a súa acta como concelleiro do BNG en Marín M.G.

O desencanto co funcionamento interno do Bloquelevouno a deixar o escano, aínda que quere seguir na política municipal

28 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

 

A renuncia de José Souto, un dos catro concelleiros do BNG de Marín e o número tres da lista, sorprendeu a moitos veciños.

—Por que deixou o seu escano?

—Tomei esa decisión baseado nun período de reflexión. Non foi tomada con presa, senón meditada. Levo dous anos no proxecto. Eu entrei no partido porque teño un compromiso co país e síntome da terra e das miñas raíces quero que estean presentes na miña forma de traballar e de ser político. O paso que din, sendo eu unha persoa emprendedora que non era político, dino porque creo firmemente que na política ten que haber máis profesionais capacitados na xestión. E fíxeno para representar un oco político, que estando todo tan polarizado penso que hai unha porcentaxe de xente que debera estar máis representada por riba das ideoloxías.

—Por que razón deixa o cargo?

—Eu se me meto nun proxecto entendo que é para dar nun proxecto o máximo de min e agora mesmo non me retiro nin por saúde, nin enfermidade na familia, nin traballo. Foi porque no partido non estaba cómodo e ao final decidín dar ese paso. Os partidos políticos teñen unha construción, que leva un tempo, que é onde se pode chegar a valorar o cen por cen da finalidade dese partido. Entón unha vez pasados xa dous anos e meditei moito a decisión de deixalo. Foi unha decisión dura porque penso tamén na xente que me votou a min.

—Deixa a política tamén?

—Non é un adeus, é un punto e seguido porque ao final o tempo o dirá pero as miñas forzas políticas están intactas.

—Que lle levou a sentirse incómodo como edil do BNG?

—Eu non estaba incómodo como concelleiro porque representaba á xente de Marín e o meu fin era sacar o mellor traballo para o cidadán. Dentro do partido ao final hai unhas visións diferentes, ou quizais a miña forma de entender o concepto de grupo. Eu non quero ser elegante no que comente, pero os motivos persoais son dentro do partido. A estrutura que por inercia se creou, quizais para min non era o modelo correcto nin no que me sentía motivado.

—Pode ser máis concreto?

—A nivel local, o problema é que estruturouse e foi collendo unha xeometría de grupo de liderazgo. Penso que o equipo empeza de abaixo cara arriba e a motivación de todo o equipo é importante. Despois xa dun ano de traballo, a organización e o movemento de estratexias dentro do partido focalizouse nunha forma no que non me sentía en plenitude de aportar o meu perfil progresista dentro do que é o grupo. Non sentía que a miña aportación se reflectira no traballo do partido. Creouse unha estrutura que por inercia focalizou todo o traballo dunha maneira moi subxectiva, eu creo nos organigramas extensos e non tan cerrados.

—Chegou a presentarse propostas súas que se levasen ao pleno?

—Si, a moción do punto limpo para Marín, a do plan xestor de recursos naturais e paisaxísticos do Concello, rogos e preguntas e unha exposición dos afectados polos impagos do naval.

—Deixou so a acta ou tamén a militancia no BNG?

—Agora mesmo estou nun proceso de cambio. Teño as miñas forzas totalmente intactas e sigo motivado pola política municipal.

—Segue no Bloque o non?

—Non.

—Deixa entrever que non descarta volver á política activa.

—Non vou entrar en ningún partido que está construído xa, pero si que hai unha intención moi forte de estas nas próximas eleccións municipais e representar un oco progresista e non polarizado.