Xermolos organizará a Romaxe de Crentes Galegos do 2015

LUGO

A festa celebrarase na área recreativa de Penas de Rodas

17 sep 2014 . Actualizado a las 00:13 h.

A Asociación Cultural Xermolos vén de recibir o encargo de organizar a Romaxe de crentes galegos do 2015. A edición deste ano, que tivo lugar o sábado en Frades (A Coruña), serviu, entre outros aspectos, para que o colectivo guitiricense fose sinalado como responsable da seguinte. Con todo un ano por diante, o coordenador de Xermolos, Alfonso Blanco, amosou o sábado o seu desexo de que a festa fose unha celebración de toda a Terra Chá.

A romaxe comezou a celebrarse a finais dos setenta, cambia cada ano de escenario e organízase baixo o desexo de unir fe cristiá e galeguidade. O Pedregal de Irimia (Meira), o entorno de San Alberte (Guitiriz), o Monte Faro (Chantada) ou o monte de Santa Cruz (Ribadeo) teñen sido algúns dos escenarios da romaxe en anos pasados.