O BNG advirte da contaminación do río Rato, provocada por un «pozo de tormenta»

LUGO

A concelleira Paz Abraira di que advertiu da situación no mes de maio

20 ago 2014 . Actualizado a las 15:43 h.

O río Rato está contaminado na zona da Garaballa, según denunciou a concelleira do BNG, Paz Abraira. A situación é motivada por mor dun chamanado «pozo de tormenta» que non funciona ben e no que están a facer traballos de mantemento. A edila advertiu que xa no mes de maio puxo en coñecemento da equipa de goberno esta situación, pero non foron levadas a cabo actuacións para solventar o problema.