O violinista Ara Malikian, outra das actuacións do San Froilán deste ano

LUGO

Confirmado un concerto de Efecto Pasillo

19 ago 2014 . Actualizado a las 20:00 h.

O violinista Ara Malikian actuará nas festas de San Froilán deste ano. A súa actuación terá lugar o 6 de outubro na Praza de San María. Está catalogado como un dos máis brillantes e expresivos violinistas da súa xeración. É a segunda vez que actúa en Lugo, despois de que o fixera nun concerto para conmemorar a declaración da muralla como Patrimonio da Humanidade. Outra das actuacións festeiras confirmadas é a do grupo pop canario Efecto Pasillo, que tocará o 11 na Horta do Seminario.