A Deputación de Lugo estreou o dominio.gal na súa páxina en Internet

La Voz LUGO

LUGO

Di que é unha mostra máis da súa aposta polas novas tecnoloxías

25 jul 2014 . Actualizado a las 21:54 h.

A Deputación de Lugo converteuse onte no primeiro dos catro organismos provincias de Galicia en contar co dominio .gal na súa páxina en Internet. Deste xeito, o enderezo da súa web pasou de ser www.deputacionlugo.org a www.deputacionlugo.org. A institución destaca que se trata «dunha mostra máis da súa decidida aposta polas novas tecnoloxías, así como pola defensa da identidade e a lingua galegas, e a súa promoción e visibilidade na Internet». Das 134 solicitudes presentadas, a candidatura da Deputación lucense foi unha das 93 seleccionadas para o lanzamento do dominio pola Asociación Puntogal, encargada de facer as avaliacións, e que seguiu criterios de representatividade social. Os expertos destacan o retorno económico directo que suporá na comercialización, por exemplo, de produtos galegos.