La Plataforma Sarriana polo Río envía una carta abierta al presidente de la Xunta

X. R.Penoucos SARRIA

LUGO

En la misiva le piden que los reciba para explicarles sus planteamientos sobre el plan de encauzamiento

21 jul 2014 . Actualizado a las 20:12 h.

La Plataforma Sarriana polo Río envió una carta abierta al presidente de la Xunta con el objetivo de que les reciba cuando lleguen a Santiago tras una peregrinación que comenzarán el próximo día 25. El contenido íntegro de la misiva es el siguiente;:

Sr. Presidente,

o pasado mes de abril remitímoslle unha carta da que xuntamos copia. Nela comezabamos explicándolle que é a Plataforma Sarriana polo Río e rematabamos solicitándolle unha xuntanza, apelando ao seu papel institucional coa esperanza de que vostede poidese e quixese actuar de mediador coas Administracións do Estado e do Concello de Sarria implicadas, como a Xunta de Galicia, no proxecto de encanamento do río Sarria.

A día de hoxe a nosa comunicación segue sen resposta.

Iso si, entrementres recebemos unha carta do seu director de Gabinete na que se refire ao interese xeral que supostamente guía as actuacións da Xunta de Galicia. Este interese xeral, segundo o seu director, consiste en ?diminuir o risco de asolagamento no núcleo urbano?. Dicindo tal, o Sr. Álvaro Pérez esquece varias cousas:

1. Que onde se está a executar a obra (o Malecón) endexamais houbo risco de asolagamento

2. Que o proxecto aprobado non vai reducir ningún risco nas zonas efectivamente inundables (cousa que os propios enxeñeiros recoñeceron publicamente).

3. E, sobre todo, que a conservación e a protección do patrimonio natural, cultural e histórico son parte esencial do concepto ?interese xeral?. O interese xeral está a ser defendido en Sarria polos cidadáns e pola Xustiza, que o pasado 11 de abril confirmou a paralización da corta do bosque de ribeira como medida cautelar, desestimando o recurso interposto pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Mentres tanto, a Consellería de Cultura e a Consellería de Medio Ambiente, ante as que se presentaron escritos e denuncias relativos aos incumprimentos da Resolución de impacto ambiental do proxecto e ás infraccións da normativa de protección do Camiño de Santiago, seguen de brazos cruzados, abandonando de maneira escandalosa as competencias que en materia de protección e conservación do patrimonio natural e cultural de Galicia teñen atribuídas.

Pero nós non nos conformamos con ese ?silencio administrativo? malentendido, tan alleo a unha Administración de verdade guiada polos principios do interese xeral e da promoción da participación cidadá. Nós queremos que a Administración, a Xunta de Galicia, nos escoite e responda con argumentos aos nosos argumentos.

Por iso, o 25 de xullo imos botar a andar para facer o Camiño de Santiago dende Sarria. Cando cheguemos a Compostela iremos ata as portas do seu despacho para pedirlle, unha vez máis, que nos reciba. Queremos preguntarlle por que a Xunta de Galicia non responde ás nosas solicitudes de información ambiental, incumprindo así a Lei 27/2006 pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente. Por que a nosa denuncia contra a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil por infraccións graves e múltiples da normativa de protección do Camiño de Santiago non ten desembocado na apertura dun procedemento sancionador pola Dirección Xeral do Patrimonio. Por que a Dirección Xeral de Conservación da Natureza tampouco ten iniciado un expediente sancionador a pesar de ter coñecemento de que a Confederación Hidrográfica incumpríu a prohibición, establecida no Decreto 67/2007, de calquera acción que poida afectar negativamente á integridade, saúde e apariencia das formacións arbóreas para as que se teña iniciado o procedemento de catalogación como árbores senlleiras, situación na que se atopa o bosque de ribeira do río Sarria. Queremos preguntarlle que proxectos ten a Dirección Xeral de Patrimonio para preservar os restos que están a ser descubertos na contorna da Ponte Ribeira. Que vai facer para protexer a propia Ponte Ribeira, unha ponte de orixe medieval. Estas e outras preguntas sen resposta ata hoxe queremos facerlle á nosa chegada a Compostela, Sr. Presidente.

Entrementres, reciba un atento saúdo,

Plataforma Sarriana polo Río.