Un centenar de alumnos participan no curso de cultura tradicional galega de Cántigas e Frores

L.R. LUGO / LA VOZ

LUGO

Alberto López

Parte proceden de Suíza, País Vasco, Cantabria ou Canarias

19 abr 2014 . Actualizado a las 20:37 h.

Un centenar de alumnos chegados desde lugares tan diversos como Suíza, País Vasco, Canarias, Castela e León ou Cantabria, ademais de toda a xeografía galega, reciben hoxe ensinanzas sobre música e baile no curso de cultura tradicional galega que organiza a asociación Cántigas e Frores. O certame, que alcanza a súa trixésimo segunda edición, arrincou o xoves pasado. Os participantes aproveitan a cita para compartir experiencias no eido da cultura tradicional galega e "manter vivo un dos piares básicos da nosa identidade", segundo afirman os organizadores. Nesta edición imparten catro especialidades: técnicas de baile tradicional, de gaita, de percusión e de canto e pandeireta. Imparten as aulas mestres como Alberto Coya (gaita), Xurxo Fernández (canto tradicional), Francisco Estévez "Chuco" (percusión tradicional) e Henrique Peón (baile tradicional).