O celtismo despide a David: «Non só deixas un asento baleiro na bancada, senón tamén un oco nos nosos corazóns»

LA VOZ VIGO

GRADA DE RÍO

CEDIDA

O Celta mostrou o seu pesar pola morte en accidente no naval do mozo, que era peñista de Irmandiños 1923

29 mar 2024 . Actualizado a las 08:04 h.

O celtismo está de loito polo falecemento en accidente laboral no naval vigués de David, afeccionado e peñista de Irmandiños 1923, peña que o despedía a través das redes sociais mencionando o tuit no que o propio Celta transmitía as condolencias por esta traxedia. «Un celtista na ledicia e no padecer», comeza o texto que lle dedica a agrupación vigués a, facendo referencia a un verso do himno do centenario da entidade, Oliveira dos cen anos, que calou na bancada celeste.

Desde Irmandiños, continúan: «Grazas, David, por formar parte da nosa familia e por levar o celtismo e a Irmandiños contigo, nós levarémoste sempre connosco». Subliñan que este seareiro non só deixa «un asento baleiro na bancada», senón tamén «un oco» nos seus corazóns. Multitude de peñas e afeccionados sumáronse á dor pola persa dun rapaz de 37 anos.

O Celta, pola súa parte, amosara, así mesmo, a súa consternación polo suceso. «Pesar e dor no RC Celta por un novo accidente mortal no naval vigués. O noso máis sincero pésame aos seus familiares e amigos. Descanse en paz».