Embruxo Celeste celebra o seu sétimo aniversario: «Cada ano, máis xente e máis celtismo»

LA VOZ VIGO

GRADA DE RÍO

CEDIDA

A peña de Vilagarcía seguiu o partido do filial celeste ao tempo que gozaba da súa festa

24 mar 2024 . Actualizado a las 14:37 h.

Como cada ano por estas datas desde hai xa sete, Embruxo Celeste celebrou este sábado o seu aniversario. O seu presidente, Guillermo González Villaverde, amósase feliz con como transcorreu o aniversario. «Veu moita xente e houbo moita festa. E con moita rapazada, que son o futuro», celebra.

Non faltaron a música, os pinchos, os agasallos para os máis pequenos e a pantalla onde seguir o partido do Celta Fortuna durante o tempo que coincidiron o encontro e a súa celebración. «Estivemos animando desde aquí. Cada ano que pasa, máis xente, máis festa e máis celtismo», sinala con orgullo. Esperan que estes anos sexan só un aperitivo de todo o que queda por vir.