Un total de 43 persoas acudiron á merenda do venres en Río Xuvia

la voz

FERROL CIUDAD

Cedida

Famyc e a concellería de Benestar Social volven programar outro evento para este venres

27 dic 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O venres 23 tivo lugar no centro municipal de maiores da rúa Río Xuvia un encontro de maiores ao que acudiu a concelleira de Benestar Social, Eva Martínez. A iniciativa promovida por Famyc coa colaboración do Concello de Ferrol quere combater a soidade en datas sinaladas como as festas de Nadal. Durante o encontro houbo chocolate con churros, un bingo social e moitos outros divertimentos e xogos.

Este venres haberá outra merenda ás 17.00 horas, para a cal continúa aberto o prazo de inscricións, chamando ao número de teléfono 981 357 722. Terá lugar tamén no centro municipal de maiores e durante o evento presentarase o programa Hoxe Falamos, que tamén promove Famyc coa colaboración da concellería de Benestar Social. O seu obxectivo é que as persoas que viven soas reciban chamadas diarias de voluntarias e voluntarios para saber se se atopan ben, e así, evitar accidentes e outro tipo de incidencias que acontecen cando non existen redes familiares de apoio.