O Jofre, xardín para a reflexión sobre o cambio climático con «Un momento precioso»

Patricia Hermida Torrente
Patricia Hermida FERROL / LA VOZ

FERROL

Ensaio da obra 'Un momento precioso'
Ensaio da obra 'Un momento precioso' JOSE PARDO

A estrea absoluta celebrarase este venres en Ferrol

12 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Que futuro agarda para o noso planeta? Con esa reflexión e a ritmo dun clásico de Tom Waits como God's Away on Business, o teatro Jofre transfórmase este venres nun xardín idílico. E acolle a estrea absoluta de Un momento precioso, a nova obra de Elefante Elegante. A partir de teatro, danza e acrobacia, o equipo de María Torres e Gonçalo Guerreiro medita sobre a emerxencia climática. A obra poderá verse ás 20.30 horas, nunha coproducción de Elefante Elegante e Concello de Culleredo.

 Na presentación en Ferrol, María Torres destacou que «o público vai a ter a oportunidade de reflexionar sobre a relación do ser humano co planeta, pero sen renunciar á ironía, o humor e a poesía». Ademais, mantense sempre o propósito de «emocionar, concienciar e facer rir». Con Torres e Guerreiro traballa un grupo de 12 persoas, con guion de ambos e dirección a cargo do segundo.

Un momento precioso aparece nun mundo que está a arder, da Amazonia a California, de Australia ao Ártico Siberiano. Segundo os seus escritores, «cómpre escoller, quedamos observando como se consome no lume ou optamos por facer o preciso para alcanzar un futuro diferente?». A resposta poderá atoparse (ou polo menos buscala) esta tarde no teatro Jofre de Ferrol.