Zurcindo latexos é o segundo poemario que publica Mariola Hermida. Un volume de cincuenta páxinas asolagado de sentimentos xerados polas experiencias da vida diaria.
-«Zurcindo latexos» é o seu segundo poemario, ¿por que elixiu ese título?
-Porque trata das perdas, da soidade, desas emocións que sentimos ó longo da vida e que van sendo zurcidas no noso corazón deixando unha pegada imborrable.
-¿Como definiría esta segunda obra?
-É unha obra moito máis intimista que a primeira, trata da soidade e da tristeza. Tamén é un poemario de maior unidade, xa que o primeiro abordaba diferentes temas. No caso do idioma, decidín facer este segundo poemario en galego tras participar nun obradoiro literario en Fene, impartido nesta lingua. Descobrín así que o galego é unha lingua maravillosa para a poesía, posúe unha cadencia especial que non ten o castelán.