A RAG e PuntoGal promoven un novo certame de microrrelatos

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

Manuel González, presidente de PuntoGal; Víctor Freixanes, presidente da RAG, e Darío Janeiro presentaron o certame
Manuel González, presidente de PuntoGal; Víctor Freixanes, presidente da RAG, e Darío Janeiro presentaron o certame VÍTOR MEJUTO

A asociación ofrece unha promoción especial para rexistrar un novo dominio .gal por 15 euros

31 ene 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A Real Academia Galega e a asociación PuntoGal convocaron a segunda edición dun certame de microrrelatos co obxectivo de reforzar a presenza da lingua e da cultura galegas no mundo dixital. Desta vez o concurso crea tres categorías cun total de nove premios para textos que poden ter ata duascentas palabras. Estes apartados están divididos nun infantil, ata once anos; un xuvenil, de doce a dezasete, e un de adultos, para calquera persoa maior de idade. Os premios serán ordenadores, consolas e lectores electrónicos de libros. Os textos deben enviarse ao correo electrónico actividades@academia.gal entre os días 1 e 28 de febreiro. As bases, en www.academia.gal e www.asociacion.gal

Ademais, PuntoGal lanza unha promoción para rexistrar, durante o mes de febreiro, un novo dominio .gal con prezos de entre 12,15 e 15 euros mais IVE.