O Ceida organiza un foro de xestión medioambiental

Oleiros / La Voz

A CORUÑA

18 oct 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

O xoves 23 de outubro, o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida) e a Deputación de A Coruña organizan o Foro Iniciativas de Xestión Ambiental ao Servizo da Sociedade. O acto, que terá lugar no salón de actos do castelo de Santa Cruz, en Oleiros, en horario de mañá, pretende crear un espazo e punto de encontro para dar a coñecer o que se está a facer nos distintos concellos da provincia da Coruña, onde existen exemplos de boas prácticas na xestión ambiental desenvoltas tanto polas administracións, entidades sen ánimo de lucro, ou empresa privada. Este espazo permitirá dar visibilidade a todas estas iniciativas de xestión ambiental e dinamizara creación de sinerxías de colaboración entre as diferentes entidades que traballan no territorio.

O foro contará coa participación de diferentes responsables da administración pública, así como directivos e persoal técnico da empresa privada. Así, acudirá o director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosquera, quen presentará o proceso de participación pública no Plan Hidrolóxico Galicia-Costa. Tamén o director de sostibilidade da Autoridade Portuaria de Galicia, Andrés Guerra Sierra, coa exposición da estratexia de sostibilidade ambiental do porto da Coruña.

Por parte da empresa privada acudirá o director facultativo do Centro Mineiro de Endesa en As Pontes, José A. Menéndez Lolo, que falará sobre a instalación na que traballa.

el rincón verde