«A reforma do PP é un micro golpe de Estado»

La Voz

A CORUÑA

31 ago 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Xosé Manuel Carril é o voceiro municipal do BNG e defende unha política de proxecto por enriba de personalismos. É profesor de Dereito na UDC, onde obtivo un premio extraordinario de doutorado.

-¿Que fixeron nestes tres anos que lles faga merecedores do voto?

-Non fago política pensando no voto. Fago política para evidenciar, como nacionalista galego, que desde a democracia e a soberanía hai solucións e alternativas á asfixia social que nos impón o Partido Popular.

-¿Cree que vai ser capaz, e como, de rachar co rexeitamento que a política está a xerar nos cidadáns?

-Si, claro que provoca rexeitamento a política do bipartidismo español ditada nos despachos das construtoras, multinacionais e bancos. Fronte a esta política do pensamento único, está a que deciden as persoas e os pobos libremente e sen estaren sometidos ao mercado. Porque en «Política» hai moitas (outras) políticas (e non só unha), de igual modo que en Comunicación hai moitos medios de comunicación e moitas formas distintas de comunicar.

-¿Cales foron o maior acerto e o erro máis grave do goberno local?

-Non hai ningún acerto que compense o gran mal que supón para A Coruña o modelo excluínte, elitista e acomplexado (por snob) da ?Cidade do Parrote?: millóns de euros públicos soterrados para beneficio dunha empresa privada e que poderían destinarse a políticas sociais de benestar, barrios esquecidos e deteriorados e un deseño da peonalización da Cidade Vella para nutrir economicamente o negocio dos aparcadoiros privados. Por non falarmos da ?barra libre? que lle dá o goberno local a algunhas promotoras e grandes concesionarias.

-¿Parécelle xusta a reforma electoral de Rajoy?

-Un micro golpe de Estado, propio dun Goberno español amparado por unha maioría parlamentaria fascista.