Premio literario para Ana Gil Rey, veciña de Caión

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Obtivo o terceiro posto no concurso de microrrelatos da RAG e PuntoGal, na categoría de adultos

07 jun 2020 . Actualizado a las 23:03 h.

O terceiro concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal xa ten gañadores, e ademais presenza no podio para a Costa da Morte. Ana María Gil Rey, unha moza de 22 anos natural do municipio de Zas, pero residente actualmente na vila larachesa de Caión, é a autora de Sombras, unha creación literaria que acadou o terceiro premio na categoría de adultos e que, a xuízo da Real Academia Galega son 36 palabras «cheas de intensidade narrativa».