O ribeirense Nel Vidal gaña o certame de microrrelatos da RAG

M. X. B.

BARBANZA

cedida

Logrou o galardón cun texto de 67 palabras sobre o que significa compartir a vida

12 jun 2023 . Actualizado a las 14:49 h.

O ribeirense Nel Vidal fíxose co primeiro premio na categoría de adultos do sexto Concurso de Microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal, ao que concorreron 450 traballos. Acadou o galardón con Deberes de lingua, un texto de 67 palabras que consegue acompasar o léxico de dous campos semánticos distintos, buscando certa correspondencia entre eles, para reflexionar sobre o que significa compartir a vida.

Máis dun milleiro de persoas de todas as idades sumáronse a esta edición do concurso literario, que premiou un total de nove textos nas diferentes categorías. En Barbanza, o único galardón recaeu en Nel Vidal, natural de Artes, que traballa como profesor de Lingua Galega e Literatura no instituto Rego de Trabe de Culleredo.