A exposición «Castelao grafista (facsímile)» chega a Pontecesures

La Voz PONTECESURES

PONTECESURES

Martina Miser

Poderá verse no Concello desde o 21 de marzo ao 19 de abril

20 mar 2024 . Actualizado a las 15:07 h.

Afundación, o Concello de Pontecesures e Abanca inaugurarán este xoves 21, ás 11.00 oras no consistorio, a exposición Castelao grafista (facsímile).Permanecerá aberta ata o 19 de abril e poderase visitar de luns a venres en horario de 10 a 14 horas e de 18 a 20 horas. A mostra reúne facsímiles da Colección de Arte Afundación, debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao, retratos fotográficos, caricaturas e debuxos e portadas de revistas.

Esta mostra enmárcase na iniciativa «Cultura por alimentos» que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Banco de Alimentos) e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. A entidade invita aos visitantes a colaborar con esta iniciativa a través da doazón de alimentos non perecedoiros ao visitar a mostra.