O Vilalonga pode confirmar hoxe o seu regreso á Tercera R.F.E.F. en San Pedro

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

O conxunto de Sanxenxo pode celebrar o ascenso con máis dun mes de Liga inda por diante

14 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O Vilalonga recibe esta tarde, ás 17 horas no seu campo do Novo San Pedro, o noveno clasificado da Liga do grupo sur da Preferente Autonómica, o Cultural Areas. Trátase da xornada vixésimo novena das 34 que compoñen o calendario da competición. E se ben serán inda cinco as que queden por diante tras esta fin de semana, o conxunto celeste podería desfrutar hoxe dunha festa por todo o alto.

Líder en solitario, intratable durante toda a temporada, o conxunto sanxenxino dispón de 64 puntos tras gañar 20 partidos e empatar outros 4. Son 15 puntos máis cos que suma o Valladares, terceiro —o Céltiga avanza segundo con 53—. Se o Vilalonga gaña ou empate hoxe e o Valladares non iguala o que faga, o cadro celeste descorchará o champán con máis dun mes de Liga por diante.