Viveiro enlaza a Pastor Díaz con Luisa Villata nun recital poético especial Letras Galegas

y. g. VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

Arquivo familiar / Real Academia Galega

O Seminario de Estudos Terra de Viveiro anticípase este venres 19 á celebración do 17 de maio de 2024

18 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Os poetas escollen abril: de Nicomedes Pastor Díaz a Luísa Villalta é o título da charla que ofrecerá Armando Requeixo este venres 19 no Salón de Actos do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, ás 20.00 horas, con intervencións tamén previstas de Carlos Nuevo e Xoán Neira e recital poético, máis actuación do Cuarteto de Corda do Conservatorio viveirense.

«Requeixo é crítico literario, profesor da Universidade de Santiago, secretario do Centro Ramón Piñeiro para a investigación e coordinador de actividades e publicacións da Casa-Museo Álvaro Cunqueiro. Dará unha conferencia de alto nivel», suliñou Neira, quen presentará ao poñente. Xoán Neira indicou que ainda que aparece reflectido Pastor Díaz no título da charla, esta centrarase na figura da homenaxeada das Letras Galegas 2024, que nalgún momento estivo en Viveiro e tivo relación coa cidade. «Este é un acto central das Letras Galegas do seminario, escollendo facelo en abril porque é o mes máis poético. Ademáis, Requeixo é un gran coñecedor da figura de Villalta», rematou.