Aquela noite do 2006 na que se dixo: «Barreiros, o Sanxenxo do norte»

La Voz BARREIROS / LA VOZ

A MARIÑA

O alcalde de Barreiros, entrevistado na gala do 2006.
O alcalde de Barreiros, entrevistado na gala do 2006. pepa losada< / span>

Poucos días despois a Xunta interviña e comezaba a presentar contenciosos contra las licencias de obra, anticipando o crack inmobiliario

01 may 2023 . Actualizado a las 13:31 h.

Foi a noite do 13 de outubro de 2006. O Concello de Barreiros, en colaboración coa Deputación e Proquintas organizou un espectacular concerto, con asistencia libre, no que se aproveitou para presentar publicamente a promoción Remior Residencial Playa. Era algo insólito na Mariña, semellante despregue publicitario. Era outra forma de facer as cousas. Polo escenario pasaron David Civera, La Década Prodigiosa, Natalia, Yanko e as orquestras América e Lecer. Moitos en Barreiros o lembrarán, porque a carpa que se instalou estivo chea. Daquela noite queda outra lembranza, quizais lenda: a frase que se lle atribuíu ao alcalde barreirense, Alfonso Fuente, quen auguraba un futuro próspero: «Barreiros, o Sanxenxo do norte». A exaltación era comprensible. Aquel ano Barreiros ingresaba 1,9 millóns de euros por licencias de obras. Pero a predición no foi moi acertada. Nun momento da gala, Alfonso Fuente subiu ao escenario, para ser entrevistado pola presentadora, Mari Carmen Tella, provocando ao día seguinte a reacción airada do BNG, que acusaba ao Concello de usar fondos públicos para apoiar a unha firma inmobiliaria. Daquela a polémica polo crecemento urbanístico estaba no seu apoxeo e poucos días despois a Xunta interviña e comezaba a presentar contenciosos contra las licencias de obra, anticipando o crack inmobiliario.